Papá Noel visitou a escola infantil da Madalena

260

A Escola Infantil Municipal da Madalena tivo este pasado luns, 14 de decembro, unha visita moi especial xa que Papá Noel chegou á escola cheo de agasallos, respectando en todo momento os protocolos fronte á Covid. O equipo directivo do centro, a pesar de ser un ano marcado polas restricións para frear a expansión da pandemia, quixo celebrar a chegada do Nadal.

Papá Noel repartiu tres libros, doados pola Asociación de Nais e País da escola, entre as crianzas: Os tres porquiños, os Sete cabritiños, e Cocorico. Deste xeito, os cativos e cativas poderán aprender á vez que desfrutan durante estas vacacións de Nadal. Dende a escola da Madalena, queren agradecer á nova ANPA a implicación que está a ter nas actividades a pesar das circunstancias actuais. 

Ademais, este martes 15 de decembro, a escola celebrou o tradicional festival de Nadal que este ano fíxose de xeito virtual. Gravouse un vídeo do evento para poder enviarllo ás familias e así que lles sexa posible desfrutalo nas súas casas.

Por último, a ANPA da escola da Madalena ten organizada outra iniciativa. Hoxe, 16 de decembro, levará a cabo un sorteo de Nadal entre os socios e socias. Sortearase unha cesta de nadal, unha fotografía familiar de estudio de 20×25 centímetros, e un pack de uvas de fin de ano para 6 persoas.  Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración con Supercor, Fílmate estudios fotográficos, e Frutas e verduras Lorenzo.