O Partido Popular acusa ao alcalde Jose Miñones de “manipular a información”

638

O Partido Popular cre que a verdadeira herdanza foi a que deixou Carlos Fernández no 2011

Os Populares de Ames amosan a súa indignación pola última nota de prensa das formacións políticas do tripartito xa que acusan ao anterior goberno do PP de deixar unha “herdanza oculta”. Os de Oliva recordan que esta situación ven dende o 2011 cando Carlos Fernández rexía como alcalde e Miñones formaba parte dese goberno.

Segundo a información do Partido Popular, o anterior goberno do PSOE deixou un remanante de tesourería negativo por valor de 2.100.000 euros mentres que no 2015, cando gobernou Amor e entrou o tripartito, o remanente positivo foi de 3.313.357,53 euros e un superávit preto de dous millóns de euros.

A información difundida polas formacións políticas parece que fai enfadar e levantar certas ampolas que parecían soterradas xa que os populares cren que “a política desenvolvida polo tripartito está baseada na manipulación e na apropiación das políticas feitas polo Partido Popular”.

Por si fora pouco, acusan a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, de incumprir o prometido polo seu partido de cobrar como máximo o triplo do SML, un 26% máis de cando estaba traballando na Xunta de Galicia como funcionaria.