Os Populates declaran que é “unha dotación decepcionante que reflexa a actidude do Tripartido fronte ao rural de Ames”
Os Populares presentaron o pasado 8 de maio un escrito de alegacións aos orzamentos do concello para este 2017. Nel solicitan a “devolución dos mesmos para unha nova redacción que recolla e se axuste a realidade do Concello de Ames”. Entenden que estes orzamentos vulneran o principio de estabilidade orzamentaria, un presuposto que non está realmente nivelado por non haberse calculado debidamente os ingresos e omitirse outros. Consideran que “estamos ante un orzamento desequilibrado, non numericamente, pero si técnicamente”.
Entre as alegacións presentadas encontrase a relacionada cos orzamentos participativos; unha dotación de 132.000 para o rural. Os Populates declaran que é “unha dotación decepcionanteque reflexa a actidude do Tripartido fronte ao rural de Ames, que volveos a tratar de cidadáns de segunda, ao destinarlles un ridículo 0,57% do orzamento”.
Os de Oliva Agra cren que “estamos ante unha consignación orzamentaria de imposible execución pois, a día de hoxe, non existen bases aprobadas para a execución de tales orzamentos”. Rematan dicindo que o propio Goberlo local admite esta situación “ao habilitarse no propio orzamento outra partida de 12.000 euros para a contratación dunha asistencia técnica que se encargará de asesorar e deseñar as cuestións relacionadas coa elaboración, funcionamento e modelo participativo de os inexistentes orzamentos”.