O Partido Popular critica a Miñones pola xestión do cemiterio municipal

731

O Partido Popular critica ao alcalde, José Miñones, pola xestión da instalación municipal xa que “foi un dos máximos responsables do desastre do cemiterio de Ames”

Ante a nova de que o Goberno municipal abre as portas do cemiterio, ocasionado pola reportaxe deste medio, o Partido Popular ten moito que dicir. Os de Oliva critican ao alcalde, José Miñones, pola xestión da instalación municipal xa que “foi un dos máximos responsables do desastre do cemiterio de Ames”.

Segundo o populares “a xestión do goberno socialista do que formaba parte José Miñones  no 2011 foi caótica”. Recibiron a obra de forma irregular, en maio de 2011, e poucos días antes das eleccións municipais gardou un silencio sepulcral sabendo que había un claro incumprimento do PXOM que impedía, entre outras cousas, a implantación de algúns servizos fúnebres como o tanatorio e o crematorio así como deficiencias no emprazamento do aparcamento.

O Partido Popular cre que Miñones “omite de forma deliberada” que no anterior mandato non se puido actuar no cemiterio porque a instalación estaba en curso nun longo procedemento xudicial motivado pola xestión do goberno socialista, do que Miñones era membro e encabezado por Carlos Fernández.

Por si fora pouco, a formación política amesá cuantifica en 252.000 euros o diñero que tivo que sair dos contribuintes para poder sacar adiante o cemiterio municipa. Os populares recordan o auxilio que remitiu o alcalde, en novembro do 2015, á Xunta de Galicia, concretamente ao amparo da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, para que autorizara un Plan Especial que permitira rectificar os graves erros en materia de planeamento urbanístico.

Queda claro que o asunto do cemiterio municipal dará que falar durante os videiros meses ás diferentes agrupacións políticas nun asunto moi candente.