O Partido Popular critica a privatización do mantemento dos parques infantís de Ames

Seguen as queixas ao estado de abandono dalgúns parques do Concello

Como xa informou este medio no noso número de abril do 2017. Os parques infantís no rural de Ames están sufrindo un gran deterioro pola falta de mantemento por parte do Goberno Local. Esta vez, o grupo Popular, informa da situación do parque en Biduído. Tal e como pode observarse na visita a dotación municipal, a maleza invadeo todo, incluída a fonte e os bancos para descansar. Ao igual que o parque de Sisalde, non pode utilizarse pola falta de coidados e abanadono no que se atopa.

Os de Oliva Agra recalcan que “o estado de abandone e falta de mantemento da maioría dos parques infantís é inadmisible nun concello que presume de ser un dos municipios que máis crece de toda Galicia, con unha ideade media da súa poboación arredor dos 38 anos, e con case seis mil nenos na franxa de 0 a 15 anos”. Falan da privatización do mantemento, antes se facía con medios propios, e agora por medio de empresas privadas e critican o feito despois de que o Goberno fale de municipalizar servizos.