O Partido Popular denuncia o estado de abandono de Cantalarrana e Fontaldeiro

585

As deficiencia seguen aumentando con numerosos socavóns e as cunetas sen limpeza

Días previos as eleccións municipais do 2015, a candidata de Contigo Pódese e actual concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, presentou xunto con outros veciños do concello e residentes na travesía de Fontaldeiro e do Lugar de Cantalarrana un escrito no que se recollía a preocupación polas graves carencias na urbanización desas rúas; deficiencias que se resumían en tres apartados: ausencia de beirarrúas, escasa iluminación e estad do firme. Tamén recollían a súa preocupación pola ausencia de arcéns e beirarrúas no contorno dos inmobles urbanos, situación delicada debida ao abandono no que se atopaban algunhas fincas que se converteron en criadeiro naturla da flora invasora e de ratas e serpes, o cal supoñía un potencial problema de saúde pública.

Os Populares de Ames reclaman que xa pasaron 2 anos daquel escrito e que o actual Goberno municipal non atallou os problemas da zona. As deficiencia seguen aumentando con numerosos socavóns e as cunetas sen limpeza. Os de Oliva Agra insta ao tripartito que cumpra cos seus compromisos adquiridos cos veciños e se acometa “na maior celeridade posible a solución das insuficiencias sinaladas”.