O Partido Popular preocupado pola falta de prazas nos comedores escolares

Todo parece indicar que as 1.254 prazas ofertadas para o próximo curso non son as necesarias para cubrir as demanda existente. 

511

Todo parece indicar que as 1.254 prazas ofertadas para o próximo curso non son as necesarias para cubrir as demanda existente.

O grupo municipal do Partido Popular de Ames está preocupado pola posible existencia de nenos residentes en Ames que tiveron que solicitar a escolarización en centro educativos doutros concellos ao non ter praza nos comedores escolares municipais. Todo parece indicar que as 1.254 prazas ofertadas para o próximo curso non son as necesarias para cubrir as demanda existente.

Esta preocupación ven dada xusto cando o Consello da Xunta de Galicia, celebrado o pasado 29 de xuño de 2017, deu luz verde á firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ames para a xestión do servizo de comedor escolar en cinco centros educativos de ensinanza infantil e primaria do concello, por importe máximo de 214.490 euros, durante os próximos dous cursos.

Da firma do convenio con Ames beneficiarase os comedores escolares dos CEIP A Maía, Agro do Muíño, Barouta e Ventín; ademáis do comedor da EEI do Milladoiro. No marco deste acordo, a Xunta subvencionará os menús dos comensales durante todo o curso escolar, mentres que o Concello asume a xestión do servizo e a elaboración dos menús, debendo garantizar a calidade e o equilibrio nutricional dos mesmos, ao igual que o coidado e asistencia dos alumnos durante as comidas.