O Pleno aproba unha resolución para incluír á policía local na equiparación salarial que reclaman policías nacionais e gardas civís

484

 

A abstención do Goberon non foi suficiente para impedir que se aprobase unha moción para incluír á policía local na equiparación salarial de Garda Civil e Policía Nacional coas policías autonómicas

O pasado 1 de marzo, no Pleno de febreiro, aprobouse por unanimidade delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e as prazas de auxiliares de policía local ou as prazas de vixilantes municipais, tal e como se recolle no convenio remitido pola Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza. Deste xeito, será a Academia Galega de Seguridade Pública a que realice todos os procesos selectivos dos Concello que se sumen a dito convenio. Ademais, isto permitirá que o persoal que aprobe o proceso selectivo, pero non obteña praza, pase a formar parte dunha lista de agarda, que permitirá cubrir baixas de longa duración.