Os Populares de Ames solicitan o arbitraxe do IGC cos problemas da facturación da auga

Os Populares de Ames reclaman que “o Goberno local se implique decididamente e se tome máis en serio o problema”

Os problemas coa facturación do servizo da auga parece que seguen sen solucionarse. A finais do 2016, o grupo municipal popular advertía de posibles erros nas facturas que lles chegaban aos veciños e veciñas. O Partido Popular solicitou ao Goberno que se informara aos veciños sobre o acontecido e se iniciasen as actuacións para comprobar o denunciado, xa que os posibles erros coincidiron no tempo co inminente cambio de empresa pestataria do servizo, trala licitación do ciclo integral da auga en Ames a outra empresa.

As reclamacións presentadas propiciaron a correspondente investigación na que se puxo de manifesto a irregularidade e o deficiente comportamento da entidade que continúa xestionando o servizo. Por todo iso, o alcalde emitiu o Decreto 99/2017 no que se que establece, según os populares, “polas evidentes irregularidades nas suspensións comunicadas, e tratándose dun servizo básico, non se autoriza ningún corte do suministro de auga en tanto de que non quede acreditado o sometimento ao procedemento e recaiga en resolución autorizando a suspensión do suministro”.

Esta redacción púxose en contacto co Concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, no que el mesmo resposta que este decreto “refírese nun momento concreto a unha serie de caracterísitcas que se recollen no decreto. Iso non quere dicir que a empresa non poida cortar a auga nunca senón que se refire a certos aboados que entren dentro dos termos do decreto”

Ante as repetidas situacións que estánse a dar, os Populares de Ames reclaman que “o Goberno local se implique decididamente e se tome máis en serio o problema, tomando medidas efectivas como é a de instar á empresa prestataria do servizo a que admita todas as solicitudes de mediación previa e solicitude de arbitraxe que os veciños poidan solicitar a través das correspondentes reclamacións presentadas no Instituto Galego de Consumo”