Portas abertas no centro deportivo A Telleira

Ao longo do día, poderanse practicar diferentes deportes como ioga, body combat ou ciclismo indoor

O vindeiro xoves, 28 de setembro, o Concello de Ames celebra a Semana Europea do Deporte cunha xornada de portas abertas nas instalacións públicas da Telleira, en Bertamiráns. Ao longo do día, poderanse practicar diferentes deportes como ioga, body combat ou ciclismo indoor.

O próximo xoves, todas as persoas interesadas poderán gozar dunha ocasión especial para facer deporte e practicar unha vida saudable nas instalacións deportivas da Telleira. Isto grazas a xornada de portas abertas organizada para o próximo 28 de setembro, co gallo da Semana Europea da Mobilidade.

Ao longo do día poderanse practicar diferentes deportes. Pola mañá, ás 9:15 haberá ioga; seguida de global work ás 10:00h e de ciclismo indoor ás 10:45h. Ás 11:30 haberá unha sesión de body combat. Pola tarde, a primeira actividade en ter lugar será Especial HIIT Out, ás 19:00h. Posteriormente, haberá un Especial Ciclo Indoor e unha presentación de body combat 73, ambas ás 20:15. Todas as actividades serán totalmente gratuítas. Nesta xornada de portas abertas, tamén se poderán utilizar o resto das instalacións, incluíndo a piscina.