O PP acusa ao Tripartito de mostrar a súa faciana máis radical ao deixar sen subvencións nominativas a Cáritas e Arcea-Adames, sendo a Asociación Solidaridedade Galega co Pobo Saharaui a única beneficaria, con 6000€
O resto de subvencións nominativas de servizos sociais desaparecen, e así, deixan de estar recollidas as subvencións tanto de Acea-Adames, como a destinada a Cáritas. A asociación Arcea-Adames, créase no ano 2003, como iniciativa duns pais e titores de persoas con discapacidade intelectual, coa finalidade de adoptar todas as medidas que contribúan á mellora da calidade de vida destas persoas e a dos seus familiares. Respecto de Cáritas, “non é necesario engadir nada máis. O seu labor é coñecido e recoñecido por todos”, afirman os populares. Por iso, continúan, “non é admisible negarlles a estas entidades, que veñen acreditando ano tras ano o seu labor social e humanitario, o carácter necesario para ser merecedoras dunha subvención nominativa”.
O Grupo Municipal Popular considera que a exclusión destas entidades nas subvencións nominativas é unha mostra máis do carácter radical, sectario e excluínte do Tripartito de Ames.