As familias convocan unha asamblea aberta para o luns 12 ás 20:30 no Pazo da Peregrina
Pais e nais do IES de Ames amosan a súa preocupación pola masificación do centro e o deterioro do mesmo despois da perda da calidade que están a sufrir. As familias convocan unha asamblea aberta para o luns 12 ás 20:30 no Pazo da Peregrina para tratar certos puntos básicos.
O primeiro deles é os itinerarios que fan que relixión católica sexa casi obrigatoria en certas vías de formación. Entre outras queixas recollidas polas familias está a desaparición do sistema Aula Materia, a normativa machista na vestimenta das rapazas e que no centro non existe coordinación de igualdade e a reducción drástica de proxectos integrados de centro que fomentaban a excelencia, a mellora educativa e a convivencia escolar.