A Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro organiza unha nova edición do seu certame fotográfico, co que colabora a Concellería de Promoción Económica do Concello de Ames. A temática do concurso xirará en torno á estética do parque e á actividade económica que alí se desenvolve
Haberá unha categoría absoluta e outra xuvenil, e permitirase o envío dunha imaxe por participante, coa que se deben enviar o título da obra e os datos persoais do autor. A data límite para participar é o día 22 de novembro, e os gañadores daranse a coñecer nunha gala que se celebrará o día 22 de decembro na Casa da Cultura do Milladoiro
Bases de participación