Preto de 900 persoas participan no programa Amessan 2023-2024

58

Un total de 867 persoas están a participar nas diversas actividades que se desenvolven dentro do programa de envellecementop activo, Amessan. 

A programación deste ano inclúe obradoiros de manualidades, de memoria e de “fío e agulla”, así como de música tradicional galega. Tamén se oferta ximnasia terapéutica, clases de guitarra e canto coral. Por outra banda, vólvense a poñer en marcha actividades como a musicoterapia, a bailoterapia ou o baile en liña, novidades das anteriores edicións que tiveron gran éxito.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “nesta edición, como novidade, modificáronse algúns grupos de traballo e abriuse algunha actividade en núcleos rurais nos que antes non estaba dispoñible. O programa Amessan é un dos programas que mellor funcionan dos organizados polo Concello de Ames. Ten varias vertentes, sendo a máis destacada de todas elas o envellecemento activo. A intención desta Concellaría é espallar as actividades por todo o municipio, por iso abrimos outro grupo na parroquia de Tapia”.