A primeira edición do campus de verán Básquet Ames está en marcha

A primeira edición do campus de verán Básquet Ames vai decorrer no concello ata o próximo 14 de xullo.

638

En total, participarán neste primeira edición do campus de verán Básquet Ames 60 rapazas e rapaces

O primeiro campus de verán Básquet de Ames está a ter lugar estes días no concello de Ames. Dirixido a nenas e nenos, entre os 6 e os 16 anos, está organizado en dúas quendas: unha do 3 ao 7 de xullo e a outra do día 10 ao 14 dese mesmo mes. Durante os seus dez días de duración, as rapazas e rapaces inscritos practicarán fundamentalmente baloncesto, mais tamén poderán gozar de diferentes actividades de lecer e da convivencia coas demais compañeiras e compañeiros.

Este campus deportivo, que está organizado polo Club Básquet Ames en colaboración co Concello e co IES do Milladoiro, conta tamén con servizo de madrugadores e de xantar para aquelas familias que o precisen. En total, participarán neste primeira edición do campus de verán Básquet Ames 60 rapazas e rapaces (50 na primeira semana e 40 na segunda).

A xornada comeza a diario ás 10:00 horas. A partir dese momento e ata as 11:30 horas, as rapazas e rapaces adestran. Entre as 11:30h e as 12:00 horas, teñen media hora de descanso para coller forzas e poder continuar a xornada con enerxía. Das 12:00h ás 13:00 horas é o momento para realizar xogos de tempo libre cun monitor. Ente as 13:00h e as 14:00 horas, as e os inscritos poderán dar uns mergullos na piscina.

De 14:00h a 15:00 horas é a hora do xantar (85% das e dos inscritos son usuarios do servizo de comedor). Ente as 15:00 horas e as 16:00h, hai unha sesión de vídeo co obxectivo de ensinar e mellorar mecánicas e técnicas individuais. Por último, entre as 16:00h e as 17:00 horas, as nenas e nenos volven a realizar o último adestramento do día.