Prohibido estacionar por obras nun tramo da avenida da Peregrina dende o día 16

174

O Concello de Ames informou hoxe de que dende este mércores, 16 de novembro, estará prohibido estacionar nunha parte da avenida da Peregrina debido ás obras do carreiro escolar. Este sendeiro unirá a avenida da Maía e o acceso ao CEIP da Maía e ao IES de Ames, en Bertamiráns.

Debido ás obras tamén se modificou a sinalización horizontal da estrada estrada AC-544, habilitando novos carrís de circulación con liñas pintadas en cor amarela, polo que se recomenda circular con precaución por esta zona.