Comedores escolares: PxA acusa a Santomil de condenar á precariedade aos traballadores

Reprochan a Miñones que consinta que Santomil impoña un prego dos comedores escolares que inclúe unha rebaixa de salario do 9% para os monitores

703

Miñones consinte que Santomil impoña un prego dos comedores escolares que inclúe unha rebaixa de salario do 9% para os monitores

Segundo unha nota difundida por PxA, o prego que regula a contratación para o Servizo dos Comedores Escolares (3.066,787,50 € ) é exactamente o mesmo que se aprobara polo anterior goberno do PP, empeorando considerablemente o tema económico e como consecuencia, aumentando a precariedade laboral dos monitores, persoal de limpeza e conserxería. 

Os conservadores amesás afirman que, rebaixando as cantidades nos pregos, estase forzando as empresas a realizar unha baixa, e polo tanto, sumir nunha profunda precariedade laboral ao eslabón máis débil da cadea. Estase precarizando a 108 monitores que tan só traballan 2,5 horas ao día, a 4 persoas que se encargan da limpeza e conserxería que tamén traballan 2,5 horas ao día e a 5 coordinadores que traballan 3,5 horas ao día.

Falsas Apariencias

Argibay afirma que a aprobación deste documento na Xunta de Goberno do pasado 12 de abril, demostra unha vez máis que o goberno practica a política das aparencias; “din que van municipalizar servizos pero fan todo o contrario, seguen sacando a licitación servizos para que as empresas fagan o traballo, ao igual que fixeron co chamado Ciclo Integral da Auga”.

Esta política das aparencias “demostra unha vez máis que o tripartito de Ames, apoiado por Ames Novo, non é capaz de cumprir os compromisos, de feito, no que respecta á municipalización, ata o de agora, en dous anos de goberno, non iniciaron nin un só trámite para municipalizar”, recorda o líder da formación conservadora.