PxA acusa ao Goberno de desprezar ao rural suprimindo parques infantís

PxA denuncia que o rural é o gran esquecido e que dos 40 parques infantís só dous cumpren a normativa

793

A formación de Ramón Argibay esixe maior preocupación polo rural e que se remocen os parques infantís que non cumpren a normativa en troques de eliminalos

Membros de PxA mantiveron un encontro cos veciños de Sisalde , Lapido e Léns mostrando o seu malestar e decepción cun goberno que está marxinando ao rural. A veciñanza non acababa de comprender unha medida tan drástica e como o Alcalde de Ames, o socialista José Miñones, ordena levantar os elementos dos parques infantís de Lapido e Sisalde coa desculpa de que non hai nenos, cuestión que non é certa.

Afirman que os centros de xogo de Covas, Biduído, Condomiña, Cerdeiras ou Mimosas, sofren un gran deterioro. A parroquia de Lens segue sen el, a pesar da demanda histórica.

Para PXA, nos dous anos de mandato non se tomou nin unha soa medida para fomentar a vida no rural, onde vive un terzo das persoas de Ames. A veciñanza recolleu firmas que entregaron por rexistro no concello.

Os de Argibay apuntan que, dos 40 parques que hai en Ames, tan só 2 cumpren coa normativa. Desde o Goberno encargaron unha auditoría hai meses pero non son capaces de sacala a diante a xuízo de PxA.