PxA cre que os orzamentos participativos son unha falta de respecto ao rural

A formación liderada por Ramón García Argibay cre que destinar 12.000 € por parroquia é unha falta de respecto ao rural sen precedentes.

530

Segundo Pacto x Ames, o tripartito demostra que “o rural tan só é un nome que sirve para facer propaganda”

A formación liderada por Ramón García Argibay cre que destinar 12.000 € por parroquia é unha “falta de respecto ao rural sen precedentes, e un ninguneo propio duns urbanitas que descoñecen o que implica vivir no rual”.

Segundo Pacto x Ames, o tripartito demostra que “o rural tan só é un nome que sirve para facer propaganda e que non conta para nada. Eles mesmo decidiron dedicar ao rural a cantidade máis baixa de historia do Plan de Obras e servizos con tan só 154.817€ do 1.560.387€ que a Deputación destina a Ames”.

Na súa nota de prensa comentan que con 12.000 euros por parroquia só podería chegar para un tobogán e unha casa de madeira no caso de que os veciños e veciñas de calquera parroquia voten por ter un parque para os seus rapaces e rapazas.