PxA critica a falta de xestión do tripartito en relación a nula capacidade de municipalización

365

No caso de psicomotricidade,  PxA incide que o goberno adixucou este servizo en base ao aspecto económico deixando de lado o técnico

A formación amarela, Pacto x Ames, critica que o goberno municipal, formado polo PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG, non están actuando cos principios de municipalización cos que se comprometeron ao principio do mandato.

Despois de dous anos da chegada ao poder do tripartito, o goberno municipal adxudicou máis de 6 millóns de euros a empresas privadas. Os de Argibay acusan de que “non hai capacidade de xestión e que a súa forma de facer política está máis encamiñada a propaganda e aos xestos que aos feitos”.

As últimas licitacións como as de monitoraxe ou psicomotricidade amosan un estancamento dos servizos ofrecidos polo concello ou noutros casos, empeorando. No caso de psicomotricidade,  PxA incide que o goberno adixcou este servizo en base ao aspecto económico deixando de lado o técnico. Este feito foi duramente criticado polas familias usuarias deste servizo xa que é un empeoramento do servizo.

En canto ao monitoraxe dos comedores escolares, só tres empresas se presentaron á licitación, das cales dúas delas tiñan unha puntuación técnica moi deficiente e supuxo a renovación da actual concesionaria. Outro dato é o prezo/hora dos monitores de apoio que está a 6 euros, é dicir, por debaixo do estipulado nos pregos da licitación pese a que o número de usuarios segue crecendo ano tras ano.

PxA recorda que esta situación é debido “a indolencia e falta de responsabilidade do concelleiro de educación que demostra unha vez máis fata de traballo propoñendo uns pregos extemporáneos”.