PxA e o Partido Popular solicitan un Pleno Extraordinario polos problemas da auga

617

A UTE Acciona e Espina Servizos presentaron un contencioso contra a adxuducación do servizo e piden a suspensión cautelar do contrato.

Os grupos municipais Pacto x Ames e o Partido Popular de Ames reclaman que se celebre un pleno extraordinario para debater sobre os distintos problemas que hai na xestión do Ciclo Integral da Auga xa que a nova empresa, Espina & Delfín, asume o servizo o venres 16 de xuño.

Os problemas xa veñen dende finais do ano pasado cando se detectan diversos erros na facturación que afectan a veciños e veciñas e que foron reclamados á empresa. Durante os seguintes meses, foron aparecendo moitos máis casos de afectados ata que é o propio Concello que ten tomar cartas no asunto para emitir un edicto para que certos afectados non vexan como o servizo de auga e abastecemento son cortados.

Xa en abril a propia Tesourería do Concello redacta un informa no que se recolle que tras dous requerimentos a UTE Accione e Espina Servizos, estes están a incumprir cunha das obligacións do seu contrato. En maio emítese un decreto para inciar un expediente sancionador pola presunta comisión de dúas infraccións graves.

Mentres tanto, a UTE Acciona e Espina Servizos presentaron un contencioso contra a adxuducación do servizo e piden a suspensión cautelar do contrato. Pese a iso, a nova empresa da xestión do ciclo integral da auga, Espina & Delfín, iniciará os seus servizos a partir do día 16 de xuño.

Ante esta situación os grupo de Argibay e os de Oliva Agra queren que se convoque canto antes unha sesión plenaria extraordinaria de urxencia “polo importante asunto que se está a debater así como a falta de información dende o tripartito que non resposta as preguntas formuladas polos partidos da oposición”.