O acto será o 11 de maio ás 20:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns
A formación amarela, PxA, organiza para o xoves 11 de maio unha charla sobre o catastro, a súa revisión e a forma na que pode afectar aos veciños e veciñas no recibo do IBI. O profesor Luís Míguez Macho, catedrático de Dereito Administrativo pola Universidade de Santiago de Compostela, será o encargado de explicar aos asistentes a situación actual da revisión catastral e a súa repercusión á hora de pagar o devandito imposto.
Son moitos os veciños e veciñas que se veñen queixando da alarmante suba que están sufrindo do IBI e os de Argibay queren que todas as persoas afectadas poidan plantexar a súas dúbidas ao profesor Luís Míguez. O acto será o 11 de maio ás 20:30 na Casa da Cultura de Bertamiráns.