Ramón García Argibay renunciará como concelleiro

380

O portavoz do Partido Popular no Concello de Ames, Ramón García Argibay, presentará a súa renuncia como concelleiro no Pleno ordinario desta tarde na corporación local, segundo puido saber a Revista AMSGO!. A súa marcha obedecería a motivos persoais.

A renuncia do popular incluirase no primeiro punto da orde do día. García Argibay foi candidato do Partido Popular á alcaldía de Ames en 2019 logo de regresar a estas siglas en 2018. Previamente, en 2015, presentárase como cabeza de lista da formación Pacto por Ames tras ser cesado, en 2013, como tenente de alcalde polo rexedor Santiago Amor.

Polo momento non se coñece o nome da persoa que o substituirá. A número 2 na lista popular de 2019 foi María Oliva Agra Costoya.