Reabre a biblioteca do Milladoiro despois de permanecer pechada por obras

Entre o 10 e o 14 de xullo, a Biblioteca Municipal do Milladoiro tivo as súas portas pechadas para a realización de obras de mellora de accesibilidade.

699

As obras continuarán ao longo desta semana durante as tardes, o que non inflúe no normal funcionamento da biblioteca

A Biblioteca Municipal do Milladoiro permaneceu pechada entre o 10 e o 14 de xullo, ambos incluídos, debido á realización dunhas obras que se engloban na mellora da accesibilidade de espazos públicos municipais, do Concello de Ames.

Durante unha semana, a Biblioteca Municipal do Milladoiro tivo as súas portas pechadas para a realización de obras de mellora da accesibilidade: a construción dunha rampla na entrada principal da biblioteca e a reforma nos dous cuartos de baño, tanto no principal como no da zona de estudo, co obxectivo de adaptalos ás necesidades das persoas que teñen dificultades de mobilidade.

As obras continuarán ao longo desta semana durante as tardes, o que non inflúe no normal funcionamento da biblioteca, xa que esta só abre en horario de mañá durante os meses de verán (de 9:00h a 14:00 horas).