Reaccións á decisión de gobernar en solitario dos socialistas. Todos os grupos antepoñen o interese da veciñanza á confrontación ideolóxica

85

Con moitos e diferentes matices, pero a oposición non quere perder o clima de bo entendemento que este municipio se estivo forxando, especialmente no último mandato.

O BNG, dixo a travé do seu portavoz, David Santomil, que atopa un certo “revanchismo na decisión” de Bals García de gobernar en solitario, porque o PSOE baixa e o BNG suma dúas actas máis respecto ao mandato pasado. A aproximación ou o sorpaso, non soe provocar esta reacción nos socialistas, afirman os nacionalistas que agardan unha maior dificultade de acordo, porque un partido, con oito concelleiros, vai tentar impoñer o seu criterio aos demáis.

Oliva Agra, do PP, alégrase de que “o PSOE por fin acate a proposta sempre defendida polos populares de que goberne a lista máis votada”. Como principal forza da Oposición, o PP seguirá na mesma liña que no pasado mandato, “tentando que prevaleza o diálogo e o consenso na toma de decisións, en beneficio da veciñanza”, á que Agra antepón a todo. Coincide co resto de partidos con representación no Pleno de Ames en que o grupo socialista non é demasiado numeroso para abordar con total garantía o mandato. Ao que responden os socialistas que no primeiro mandato de Miñones, en 2015, eran un tripartito de nove. Agra agarda que o consenso e o sentido de cooperación do Goberno que anuncia Blas permaneza todo o mandato. O PPde Ames esta a renovarse, con novas incorporación tamén no grupo municipal, o que incrementa a ilusión de Oliva Agra ao comezo do presente curso político local.

Luisa Feijóo, de Espazo Común, estará sobrevixiada pola súa condición de exconcelleira socialista e escindida do PSOE local a finais do anterior mandato. Cree que que é un erro non repetir un exitoso tripartito como o do mandato anterior e comparte cos demais grupos a idea de que a carga de traballo vai ser grande para oito concelleiros nada máis. Aposta polo diálogo entre os grupos para seguir avanzando e explotar o potencial do concello.