O alcalde de Ames, Blas García, e distintos representantes da Corporación municipal realizáronlle esta mañá unha recepción a Sofía Suárez e a Javier Nogueira, dous enxeñeiros premiados coas distincións a proxectos Fin de Máster na sexta edición da Gala da Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
Sofía Suárez García recibiu o recoñecemento na modalidade de proxecto de Introducción á Investigación, co traballo titulado “Simulación FEM del comportamento de prótesis valvulares biológicas empleadas en el proceso de implantación valcular aótiva transcatéter (TAVI)”. Pola súa banda, Javier Nogueira Vidal recibiu o galardón na modalidade proxecto tradicional, por “Deseño e análise económico dunha planta fotovoltaica flotante conectada á rede no embalse de Zamáns (Pontevedra)”.
Sofía Suárez e Javier Nogueira aproveitaron para agradecer a homenaxe e a visibilidade que se lle deu aos seus proxectos, así como as diversas felicitacións que lles foron chegando ao longo dos últimos meses.