Recordatorio a asociacións e entidades culturais: O luns, 12 de xuño remata o prazo para solicitar axudas para festas e actividades

135

A Concellaría de Cultura lembra que está aberto o prazo  para presentar solicitudes á convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2023. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, xa está aberto ata o 12 de xuño. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares, ou ben para as actividades culturais.

Por unha banda, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, destina á realización de actividades levadas a cabo por parte de asociacións culturais un total de 30.000 euros. Poden optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais do concello de Ames, que realicen actividades de índole cultural. Estas asociacións deben estar legalmente constituídas e deben figurar inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición debidamente actualizados.Cumpridas estas condicións, poderán obter ata un máximo do 80% do orzamento total das actividades culturais desenvolvidas, así como da adquisición de material inventariable. O importe individual das achegas concedidas non poden superar os 7.500 euros.

Por outra parte, para a promoción de festas populares reservarase unha contía de 25.000 euros, á que poderán optar aquelas asociacións culturais ou veciñais amesás que estean legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, cos datos de inscrición actualizados. Tamén poden acceder ás axudas as comisións de festas.

O importe individual das axudas dependerá dos habitantes censados en cada lugar ou parroquia en que se celebren os festexos, de acordo ao baremo que figura nas bases. Deste xeito, a achega máxima poderá ser de 1.000, 2.000 ou 6.500 euros, dependendo de se a parroquia ten menos de 500, entre 500 e 3.000, ou máis de 3.000 habitantes. As actividades poderán ser subvencionadas ata un máximo do 50% do orzamento total.

As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentaranse na Sede electrónica do Concello de Ames,