Reformadas as pistas de pádel de Aldea Nova

503

As obras de reforma das novas pistas de pádel de Aldea Nova incluíron a substitución de parte da malla metálica e a pintura das paredes interiorese exteriores. Ademais picouse o paramento e arrombáronse os muros.

As obras forman parte do plan de mellora das instalacións deportivas municipais que está a levar a cabo a concellaría de deportes. Para a súa responsable, a concelleira Susana Señorís o mantemento das instalacións deportivas é básico, “esta pista foi construída no ano 2007, e tendo en conta a demanda tan elevada que ten este deporte, estas reparacións eran moi necesarias”.

Recórdase aos veciños e veciñas de Ames que a reserva daspistas pódese facer de xeito online a través do programa Cronos.