Remata o mes das abellas

Entre o 7 de abril e o 6 de maio desenolvouse a programación de apicultura organizada pola Concellaría de Medio Ambiente adicado en exclusiva ao mundo das abellas con charlas, visitas e exposicións.

600
cartel-apicultura-ames

Entre o 7 de abril e o 6 de maio desenolvouse a programación de apicultura organizada pola Concellaría de Medio Ambiente

Este sábado remata o mes adicado ás abellas despois dunha novidosa programación sobre a apicultura promovida pola Concellería de Medio Ambiente. A última actividade será unha charla-coloquio sobre apiterapia na que o terapeuta, José Castro, de Apiterapia Center, falará dos usos terapéuticos e dos productos da colmea. Será na Casa de Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:30 a 13:30.

O programa do mes das abellas comezou o pasado 7 de abril cunha charla sobre A importancia da apicultura en Galicia. Ademais, ao longo do mes de abril a Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a exposición As abellas gardianas do medio, da Asociación Galega de Apicultura (AGA). Tamén se realizou unha saída á Casa das Abellas, situada en Abegondo; impartiuse un curso de iniciación á apicultura; e houbo unha cata de produtos apícolas.

Aplicacións da apiterapia

A base da apiterapia é que o usuario sexa picado por unha abella en zonas moi concretas e que está acción se complemente co consumo doutros produtos que elaboran estes insectos. Por tanto non se trata de que o enfermo en cuestión reciba picaduras sen máis. Os puntos de aplicación da apiterapia son diferentes en función da doenza do paciente. Aí entra o labor do apiterapeuta, que coñece onde se teñen que producir esas picadas co obxectivo de tratar dunha maneira eficaz a doenza.

Normalmente a apiterapia relaciónase con doenzas músculo-esqueléticas e de orixe autoinmune, xa que son coas que mellores resultados se obteñen ao reducir sensiblemente as molestias, a inflamación e as dores. Os beneficios da picadura de abella tamén son palpables para tratar unha das doenzas máis dolorosas e complicadas que existen actualmente, a esclerose múltiple. Outras doenzas reumáticas, cardiovasculares, pulmonares e cutáneas tamén poden ser tratados coa apiterapia.