Rematan as obras de Firminstáns

86

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado do técnico do Ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente, do responsable da Brigada municipal de Obras, Juan Calvo, e de membros da empresa Iglesias Mera, visitaron o lugar de Firmistáns, para ver o estado das obras de mellora dos accesos e camiños interiores executadas nesta aldea da parroquia de Bugallido. As obras están practicamente rematadas. Este proxecto, que está sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento de 132.967,92 euros. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones Iglesias Mera SL.