Respaldo institucional unánime ao manifesto do 8 de Marzo

223

O Concello de Ames conmemorou este martes, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na praza do Concello, en Bertamiráns. As encargadas de dar lectura ao manifesto institucional foron o alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a voceira do grupo municipal popular, Oliva Agra; e mailo concelleiro de Ames Novo, Quique Costas. Ao rematar, realizouse de forma guiada a ruta urbana 8M partindo dende a praza da Maía, onde o pasado ano se instalara un monólito en honra á escritora amesá Filomena Fraga.

Compartir
Artículo anteriorSolidariedade amesá coa Ucraína
Artículo siguienteRematan as obras de Firminstáns
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.