Reténs nocturnos e regas constantes pola mañá para dar por controlado o incendio forestal de Guitiande, iniciado onte á tarde

140

O alcalde de Ames, Blas García, informou a este medio do mantemento de reténs dos medios de extinción despregados onte na zona durante toda a noite e hoxe pola mañá. A vixilancia estivo acompañada de actividade de rego das zonas calcinadas para evitar que volvera a prender o lume pola acción do vento. O primeiro edil amesán tamén indicou a AMSGO! que agardan que ao longo da mañá se dea por controlado.

A primeira columna de fume visualizouse sobre as seis da tarde de onte. Movilizáronse efectivos de Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e empregáronse varios medios aéreos na súa extinción. Queimáronse arredor de 6 Ha.