Rexeitada a enmenda do PP de Ames para incluir os fondos DUSI no orzamento do 2017

O Grupo Municipal Popular de Ames manifestou con anterioridade a súa preocupación porque o tripartito no Goberno Local non houbese contemplado no proxecto do Orzamento Municipal 2017.

550

No pleno de onte o Goberno Local rexeitou a enmenda presentada polos Populares de Ames

O Grupo Municipal Popular de Ames manifestou con anterioridade a súa preocupación porque o tripartito no Goberno Local non houbese contemplado no proxecto do Orzamento Municipal 2017 as actuacións correspondentes á implantación da estratexia DUSI “Impulsa Ames”, e que terían que executarse durante o presente exercicio. Os Populares presentaron unha enmenda para poder contar cunha partida dentro do orzamento.

No pleno de onte o Goberno Local rexeitou esa enmenda polo informe dos técnicos municipais no que se aclara que ao non estar resolta a subvención non se pode incluir dentro do orzamento municipal deste 2017. Os Populares entendían que pese ao informe a subvención dase por concecida e por eso reclamaban que se aprobara a enmenda presentada e non rexeitada.