Rutas a pie organiza unha andaina pola Ruta do Contrabando

Esta andaina terá unha distancia de 16 quilómetros e un desnivel de 874 metros. É unha ruta circular e de dificultade moderada.

616

Trátase dun percorrido que inclúe tramos pola Ribeira Sacra do Miño e do Sil

A asociación deportiva Rutasapie organizou unha ruta de sendeirismo por Luintra, pertencente ao concello de Nogueira de Ramuín, na que se percorrerá a ruta do Contrabando. Esta andaina, que terá unha distancia de 16 quilómetros e un desnivel de 874 metros, desenvolverase o sábado 27 de maio.

Trátase dun percorrido que inclúe tramos pola Ribeira Sacra do Miño e do Sil. Percorre camiños milenarios, miradoiros, aldeas tradicionais e vestixios históricos. Esta andaina terá unha distancia de 16 quilómetros e un desnivel de 874 metros. É unha ruta circular e de dificultade moderada. A ruta do Contrabando é un dos carreiros deseñados, habilitado e sinalizado por “Móvete por Nogueira”.

O inicio e final da ruta está situado en Luintra, no concello de Nogueira de Ramuín, que é un espazo natural de orixinal beleza onde conflúen os ríos Miño e Sil. Esta terra de frailes e afiadores foi un dos centros monásticos da Ribeira Sacra e é hoxe, dedicado ás rutas fluviais que surcan as súas ribeiras, un dos referentes turísticos de Galicia.