Seguen medrando os casos de COVID-19 en Ames

542

Na última semana medraron en 9 os casos de COVID-19, dos 26 do día 1 aos 35 de hoxe. A incidencia acumulada a 7 días é de 44 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 106 casos, segundo datos da Área Sanitaria feitos públicos polo Concello.

O alcalde de Ames, Blas García, salientou hoxe que cómpre “reflexionar e comprobar que aínda estamos nunha situación delicada e perigosa, e polo tanto nunha situación sanitaria de risco, e co problema de non poder reactivar a nosa economía se as restricións teñen que seguir aplicándose”. Por iso, reclamou “unha vez máis respecto para os demais, responsabilidade individual e colectiva e moito sentidiño. Disto só podemos saír xuntos”.