Seis axentes da Policía Local de Ames condecorados polos seus 25 anos de servizo

55

mércores 5 de xuño, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) celebrou na súa sede, na Estrada, un acto de recoñecemento ao labor da Policía Local de Galicia, no que se entregaron medallas ao mérito da Policía Local e distintivos aos e ás axentes que cumpren 25 anos de servizo. Neste senso, foron condecorados seis axentes da Policía Local de Ames: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire. Os/as axentes do corpo de seguridade amesán recibiron o seu distintivo xunto a outros 46 policías locais galegos. Ademais, homenaxeouse a tres policías locais condecorados coas medallas ao mérito por actos de especial relevancia no exercicio do seu labor.

O alcalde, Blas García, mostrou o seu agradecemento aos axentes pola súa labor e exemplaridade. “Grazas ao seu traballo toda a veciñanza amesá séntese máis segura”.

O concelleiro de Administración Xeral, Persoal, Seguridade, Tráfico e Transporte, Víctor Fernández, quixo “felicitar ao conxunto do persoal de axentes locais e aos seis axentes da nosa Policía Local condecorados, no que é un recoñecemento á vocación de servizo policial, demostrada ao longo destes 25 anos”, e destacou “a importante tarefa dos axentes, a súa implicación, traballo e dedicación”.