Sen decisión para buscar unha solución para o Parque de Bombeiros comarcal

534

O Consorcio amosarou o seu compromiso para cubrir a zona de sombra que existe na comarca de Compostela

Esta mañá os alcaldes de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Vedra e Santiago de Compostela (o rexedor de Val do Dubra non puido asistir) mantiveron unha xuntanza na Coruña co presidente e xerente do Consorcio Provincial Contraincencios e Salvamento da Coruña e con representantes da Xunta de Galicia, para avanzar na construción dun novo parque comarcal de bombeiros. Nesta xuntanza presentouse un estudo feito en 2014 sobre a comarcalización do parque de bombeiros de Santiago, que rebaixa considerablemente os custos do estudo presentado polo Concello de Santiago. Os rexedores dos concellos da comarca compostelá pediron que se axilicen as xestións e que o novo parque sexa de xestión pública.

Neste encontro os representantes da Xunta de Galicia explicaron que na provincia da Coruña existen dúas zonas de sombra e amosaron o seu compromiso para cubrir a zona de sombra que existe na comarca de Compostela para que dispoña de xeito gratuíto do servizo de extinción de incendios como o resto de municipios da provincia da Coruña. Ademais, presentaron un estudo feito en 2014 sobre a comarcalización do parque de bombeiros de Santiago, que rebaixa considerablemente os custos que se recollen no estudo presentado polo Concello de Santiago.

Dende os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra solicitóuselle ao Consorcio que se axilicen o máximo posible os trámites

Os custos de dito estudo, presentado no día de hoxe, son semellantes aos que se recollen na proposta feita dende o Consorcio. Deste xeito, ábrese un proceso de estudio de dita documentación. Debido a que os asistentes a dita reunión descoñecían a existencia deste estudo vaise a mirar con detemento por parte de Santiago ao longo da vindeira semana, e para o próximo venres, 16 de xuño, convocouse unha nova xuntanza, para avaliar esta posibilidade entre os representantes do Consorcio e do Concello de Santiago. Tras esta reunión o propio Consorcio informará aos concellos da comarca compostelá.

Dende os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra solicitóuselle ao Consorcio que se axilicen o máximo posible os trámites para a construción do novo parque comarcal de bombeiros e que se fixe un calendario con datas concretas para poder avanzar en dito proceso. Asemade, pediuse que a xestión do devandito parque sexa publica.