Sen novidade: Ames, Santiago e Teo seguen pechados

243

A xuntanza do comité clínico da Xunta rematou na noite de onte sen achegar cambios á situación actual das sete cidades galegas e varios dos seus concellos limítrofes, como é o caso de Ames. Todos estes concellos seguen tendo limitada a entrada e saída de persoas sen motivos debidamente xustificados. En todos eses concellos están prohibidas as xuntanzas entre persoas non conviventes, tamén coa excepción de supostos xustificados. 

Estas medidas entraron en vigor o venres 30 de outubro. Avaliadas onte, mantéñense intalteradas ata o próximo venres. A este respecto, o Diario Oficial de Galicia do venres pasado sinalaba que “a prol dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento”. “En todo caso”, sinala, “serán revisadas nun período máximo de 7 días”. 

Compartir
Artículo anteriorAs rúas de Ames claman contra a violencia de xénero
Artículo siguienteEndurécense as restricións
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.