Soben a 50 os casos activos de COVID-19 en Ames

294

A Xerencia do Sergas facilitou esta mañá ao Concello os datos de casos activos do Covid, onde se aprecia un incremento importante no número de positivos, xa que se sitúa en 50, fronte aos 32 de hai unha semana. “Temos que ser responsable e tomar en serio as normas e medidas sanitarias, porque o virus segue estado aí, e coas nosas imprudencias e fallas de irresponsabilidade poñémonos en risco nós e aos demais”, sinalou o alcalde, Blas García.

Nos últimos sete días, a incidencia acumulada no municipio sitúase entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes. Porén, é menor que a dos últimos 14 días, entre 50 e 150.