Solidariedade para abrir o curso escolar

605
Stationery set on white background.

Un ano máis, a Oficina de Voluntariado de Ames lanza unha campaña de recollida de material escolar en beneficio de familias sen recursos do municipio. Dende a oficina lembran que estes son “momentos especialmente difíciles” que agravan a mala situación de partida de moitas familias. A campaña apela á veciñanza amesá para recadar material escolar (mochilas, estoxos, carpetas, lapis, cadernos, etc). para que ningunha crianza quede sen material durante o curso escolar 2021-22. Os puntos de recollida serán as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e a Casa do Concello ata o 30 de setembro, de luns a venres, en horario de 9h a 14h.

Na campaña do ano pasaron conseguiuse recadar suficiente material para 40 rapaces e rapazas.