Sorteo de 800 euros en vales para catro librerías de Ames

412

O mes do libro celébrase en Ames cunha rifa de cheques organizada polas Bibliotecas de Ames que repartirá, entre todos os clientes das librarías Lenda, Máinomen e Huargo Artis (Bertamiráns) e a papelería O Tinteiro (no Milladoiro), ata 800 euros en vales. Cada establecemento contará con oito premios de 25 euros, que se poderán gastar ata o 31 de maio. As rifas repartiranse ata o próximo 23 de abril. O sorteo será o día 27.

Con esta proposta, o Concello busca tanto fomentar a lectura como promover o uso das librarías locais, colaborando co sector do libro ante a situación derivada do coronavirus e fomentando o comercio local. Cada participante só poderá recibir un vale, que se poderá gastar na propia libraría onde foi entregada a papeleta gañadora.