Suspendido o curso nas Escolas deportivas e culturais municipais

0
84

As Concellarías de Deportes e Cultura informaron hoxe da suspensión das Escolas deportivas e culturais para o curso 2020-2021 debido ás restricións impostas ante a pandemia de Covid-19. O Concello devolverá as contías abonadas polos usuarios, quen deberán presentar un certificado bancario da conta da persoa que figure na autoliquidación pagada de xeito telemático, a través do Rexistro Xeral por Sede electrónica. Tamén se poderá facer de xeito presencial acudindo ás oficinas de Recadación en Bertamiráns e no Milladoiro.

A pesar dos intentos realizados, dende os departamentos de Deportes e Cultura, por comenzar as distintas actividades, resultou imposible achegarse ás necesidades mínimas que se exixían para o seu desenvolvemento. Entre elas, as limitacións de espazo, as porcentaxes de aforo, o desenvolvemento de actividades de forma individual ou máximos moi inferiores aos previstos para as escolas.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here