Preséntase o proxecto “A Vila do Mañá”

Trátase dun proxecto no que están implicados os departamentos de Urbanismo, Cultura e Mocidade O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este mércores, 28 de xuño, a presentación do proxecto “A Vila do Mañá”. Trátase dun novo obradoiro didáctico de urbanismo e patrimonio, a través do cal os nenos/as e mozos/as de Ames poderán coñecer máis polo miúdo os espazos nos que viven, así como deseñar unha estratexia de futuro para mellora o seu entorno. A presentación do proxecto A Vila do Mañá correu a cargo do concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos, Blas García, do concelleiro … Continúe lendo Preséntase o proxecto “A Vila do Mañá”

20 anos do Fondo Galego de Cooperación

O Concello de Ames é un dos socios do Fondo Galego de Cooperación. O Fondo Galego de Cooperación, do que o Concello de Ames é socio, celebra os seus 20 anos de vida cunha mostra que estará exposta na praza da Maía, de Bertamiráns, ata o próximo 6 de xullo. Esta mostra está deseñada por Pepe Carreiro. A través dos diferentes paneis que conforman a mostra é posible facer un repaso sobre a orixe e os diferentes proxectos desenvolvidos polo Fondo Galego de Cooperación, tanto en Galicia como en países empobrecidos. Ata o próximo 6 de xullo, a veciñanza amesá … Continúe lendo 20 anos do Fondo Galego de Cooperación

Fin de curso no EMMA

A actuación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:30 horas O vindeiro mércores, 21 de xuño, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra o seu tradicional concerto de fin de curso. Este ano, o concerto presenta algunha novidade con respecto a edicións anteriores, xa que o alumnado interpretará un conto inventado polas alumnas e os alumnos de Linguaxe Musical da escola. A actuación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:30 horas. Alén diso, o xoves, 22 de xuño, parte do alumnado realizará tamén un concerto na Casa da Cultura do concello de Negreira. … Continúe lendo Fin de curso no EMMA

Nova Foliada con Apego para o próximo 30 de xuño no Pazo da Peregrina

Todas as persoas que toquen algún instrumento, poderán acudir con el e interpretar algunha peza durante a foliada O próximo venres, 30 de xuño, terá lugar, no Pazo da Peregrina, unha nova Foliada con Apego. A actividade orientada a familias con nenas e nenos sen límites de idade, así como a calquera persoa á que lle guste cantar e bailar, pretende construír un espazo de socialización en galego, onde se poida compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. Unha nova edición das Foliadas con Apego terá lugar no Concello de Ames o vindeiro día 30 de xuño. Será no … Continúe lendo Nova Foliada con Apego para o próximo 30 de xuño no Pazo da Peregrina

Nova cita nas Noites en Vela

Unha nova xornada das Noites en Vela chega este venres aos concellos de Ames e Negreira da man das Tanxugueiras e de A Requinta da Maía Os grupos Tanxugueiras e A Requinta da Maía son os convidados para a Noite en Vela que se celebrará este venres, 16 de xuño, na Ponte Maceira. Durante as actuacións, o alumeado público da ponte será apagado e substituído pola luz dun milleiro de candeas. As Noites en Vela tratan de pór en valor a contorna da Ponte Maceira, a ponte romana que divide os concellos de Ames e Negreira. Estes dous Concellos son … Continúe lendo Nova cita nas Noites en Vela

Os alumnos de 1º ESO do IES do Milladoiro presentan o seu primeiro documental

Nos talleres, o alumnado ve cinema de autores moi diversos e desenvolven diversas prácticas que culminan coa realización dunha curtametraxe documental ou de ficción Este luns 19 de xuño, ás 18:30, na Casa da Cultura do Milladoiro presentarase o primeiro documental feito polos alumnos de 1º ESO do IES do Milladoiro dentro do programa Cinema en curso. De Milladoiro a Seidón é o título da reportaxe que estos alumnos do ensino secundario estiveron rodando ao longo do curso. O programa Cinema en curso é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en centros de primaria e de secundaria. Iniciado en 2005 … Continúe lendo Os alumnos de 1º ESO do IES do Milladoiro presentan o seu primeiro documental

Este sábado celébrase o festival ARTE ‘N’ RÚA

Este sábado, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o ritmo será o grande protagonista Durante este sábado, 17 de xuño, desenvolverase, ao longo do día, en Bertamiráns, o festival ARTE`N` RÚA, con obradoiros de arte urbana e un espectáculo multidisciplinar. A xornada comezará ás 12:00 horas cos obradoiros e rematará pola tarde, coa actuación do mago Xacobe e os concertos do grupo de música infantil A Gramola Gominola e do trío musical Os Tres Tenedores. Unha iniciativa divertida e chea de ritmo para pasar o día en familia. Este sábado, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o ritmo será o … Continúe lendo Este sábado celébrase o festival ARTE ‘N’ RÚA

Tardes de Xogo con Apego na Rúa

A iniciativa decorrerá ao longo de catro tardes repartidas entre finais de xuño e as primeiras tres semanas de xullo Desde este luns, 12 de xuño, e ata o próximo día 23, será posible inscribirse nas “Tardes de Xogo con Apego na Rúa”. O programa pretende xerar espazos de socialización en galego nos que nenas e nenos se acheguen ao mundo do xogo, imitando fórmulas empregadas antigamente e tentándoos afastar do abuso das novas tecnoloxías. Estas tardes de xogo desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro, do 27 de xuño ao 19 de xullo. En Bertamiráns, a actividade transcorrerá na … Continúe lendo Tardes de Xogo con Apego na Rúa

Catro días de música en Aldea Nova

Durante as actuacións poderanse escoitar pezas de diferentes estilos interpretadas por dúos, tríos e grupos máis numerosos Desde este luns e ata o próximo xoves, o Centro Multiusos de Aldea Nova acollerá catro audicións musicais interpretadas polo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames. En cada unha das actuacións, que serán ás 18:00 horas, poderase gozar dunha especialidade diferente. O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames realizará, ao longo desta semana, catro audicións das especialidades que están a estudar. Durante as actuacións, que contarán con alumnas e alumnos de todos os instrumentos, poderanse escoitar pezas de diferentes … Continúe lendo Catro días de música en Aldea Nova