Milladoiro cerrou o curso das Escolas Deportivas de Patinaxe

O pasado domingo 11 de xuño tivo lugar o acto de clausura das Escolas deportivas de patinaxe do Milladoiro O curso 2016-2017 das Escolas deportivas municipais chegou ao seu fin e como todos os anos ao final de tempada celébranse os actos de clausura das diversas actividades deportivas que se ofertan dentro deste programa municipal. Deste xeito, o pasado 3 de xuño celebrouse unha festa en diferentes instalacións de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, o pasado domingo 11 de xuño tivo lugar o acto de clausura das Escolas deportivas de patinaxe do Milladoiro. Entre as 16:30 e as 17:30 horas … Continúe lendo Milladoiro cerrou o curso das Escolas Deportivas de Patinaxe

Aberto o prazo de inscripción para os campamentos deportivos

Esta iniciativa xorde co fin de conciliar a vida familiar e laboral de todos os pais e nais durante as vacacións de verán. Os nenos e nenas de Ames xa poden inscribirse nos campamentos deportivos que ofrece a Deputación da Coruña, a través da Concellaría de Deportes do Concello de Ames. Estes campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas de 9 a 14 anos. Para poder apuntarse nesta actividade hai que estar empadroado no concello de Ames. As inscricións faranse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de inscrición xa está aberto e pecharase o día 17 de xuño. Estes … Continúe lendo Aberto o prazo de inscripción para os campamentos deportivos

O Millaraio consegue a primeira medalla nun campionato de España

No campionato de España gañaron a primeira medalla na historia do club e no campionato galego lograron cinco triunfos O club de atletismo MillaRaio continúa conseguindo éxitos. Nesta ocasión, este club amesán vén de participar en dúas grandes citas: no campionato de España infantil individual en Valladolid e no campionato galego cadete individual en Ferrol, onde conseguiron importantes éxitos. No campionato de España gañaron a primeira medalla na historia do club e no campionato galego lograron cinco triunfos. Ao campionato de España infantil desprazáronse un total de 4 atletas, sendo a máxima participación do club nestes campionatos, e logrando Zulfa … Continúe lendo O Millaraio consegue a primeira medalla nun campionato de España

Éxito de participación no Día da Bici en Bertamiráns

O Concello de Ames celebrou este domingo, 11 de xuño, a décimo primeira edición do Día da Bici. Esta actividade espertou un gran interese entre a veciñanza amesá e dende o departamento de Deportes calculan que participaron arredor de 120 persoas. Realizouse unha ruta pola contorna de Bertamiráns completando un circuíto urbano de 8 quilómetros de distancia. Está actividade estivo dirixida a calquera persoa maior de 8 anos de idade. O percorrido, de 8 quilómetros, foi deseñado polas rúas de Bertamiráns. A organización deseñou un itinerario fácil e de dificultade baixa, cunha duración aproximada dunha hora. Ás 10:00 horas un … Continúe lendo Éxito de participación no Día da Bici en Bertamiráns

Comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación

Hoxe comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de xullo A partir deste luns 12 de xuño, e ata o próximo día 23, estará aberto o prazo de inscrición para os primeiros cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. Os cursos que terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Hoxe comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de xullo. Así, desde este luns ata o vindeiro día 23, todas e todos aqueles interesados poderán … Continúe lendo Comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación

Gran festa polo remate das Escolas Deportivas

Lonxe de concentrar todas as actividades nun mesmo pavillón e lugar, este ano cada actividade terá unha pequena exhibición nun entorno distinto acorde ao seu deporte O curso 2016-2017 das Escolas deportivas municipais chega ao seu fin e como todos os anos ao final de tempada celébrase unha festa de clausura onde os rapaces e rapazas fan unha demostración do aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. Este ano hai varias novidades e celébrase a devandita festa en varias instalacións das localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Ademais, haberá entrega de diplomas, música a cargo de Djs, inchables, … Continúe lendo Gran festa polo remate das Escolas Deportivas

Mañá celébrase o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017 na Ameixenda

A Dagan Cup é a única competición de supercross que se organiza en Galicia actualmente O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizan este mércores, 17 de maio, a proba de supercross “Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017”, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda. Nesta proba participarán arredor de 70 pilotos de supercross de toda Galicia. Trátase da primeira proba que se celebra este ano dentro da Dagan Cup. Pola tarde, ás 16:00 horas, dará comezo a proba que se … Continúe lendo Mañá celébrase o Gran Premio Concello de Ames-Dagan Cup Supercross 2017 na Ameixenda

O Agrón CF gañador da liga 3ª Autonómica

O clube está inmerso no 25 aniversario do seu nacemento O clube de fútbol de Agrón coronouse como gañador da liga da 3ª Autonómica do grupo 5 e finalmente ascende na próxima tempada a 2ª Autonómica. O partido xogado onte contra o Cruido AD que rematou con empate (0-0) fixo posible que o Agrón puidera acadar o seu máximo soño; gañar a liga. Precisamente o clube está inmerso no 25 aniversario do seu nacemento e esta vitoria supón o remate final a unha tempada chea de éxitos no que é o primeiro campionato gañado na historia do clube. Os de Sergio … Continúe lendo O Agrón CF gañador da liga 3ª Autonómica

O equipo feminino do Milladoiro SD de fútbol sala queda quinto na clasificación da Liga

O equipo ten unha nova oportunidade na fase da Copa no que esperan xogar ben e poder conseguir un importante logro O equipo feminino de fútbol sala do Milladoiro SD quedou de quinto na clasificación da Liga despois de perder onte ante o Don Frutos (1-0). Pese a baixa dunha das xogadoras por enfermidade, o equipo xogou en defendendo ben a área pero a desvantaxe fixo que o Don Frutos puidera impoñerse e gañar a liga facendo que o Milladoiro SD. baixase ata a quinta posición. Pese a iso, o equipo ten unha nova oportunidade na fase da Copa no … Continúe lendo O equipo feminino do Milladoiro SD de fútbol sala queda quinto na clasificación da Liga

Derrota do Bertamiráns ante o Laracha no minuto 90

O Bertamiráns foi forte en defensa ata o último suspiro do partido en que unha xogada providencial do Laracha no minuto 90 deixa aos de Touriño pendentes da salvación matemática Laracha: Álex; Héctor, Antonio, Jorge Rebollo, Beto; Souto (Dani Bea, min. 70), Roberto (Alexandre, min. 54), Miguel Ángel, Pablo Domínguez; José (Iván Patiño, min. 46) y Miguel Taibo. Bertamiráns: Berto Fernández; Kevin, Alfonso, Coqui, Agustín; Íñigo, Munín; Alvite, Adrián Rial, Berto Rial (Miguel, min. 75); y Calderón (Uxío, min. 78). Árbitro: González Fernández (Vigo).Expulsó con doble cartulina amarilla al visitante Munín (min. 90). Amarilla a Beto, Miguel Ángel, Dani Bea; … Continúe lendo Derrota do Bertamiráns ante o Laracha no minuto 90