Pais a nais do IES de Ames piden que a inspección meta man na situación do centro educativo

A directora do IES de Ames non quere dar explicacións aos medios nin entrar en polémicas das “falsedades ditas onte” Na tarde de onte máis de 60 pais e nais dos alumnos e alumnas do IES de Ames reuníronse no Pazo da Peregrina ante a situación de insostibilidade que se está a vivir no centro educativo de Bertamiráns. Os puntos a tratar foron a normativa de vestimenta do instituto polos casos machistas que se están a dar e os distintos itinerarios ofertados no centro que obrigan en moitas ocasións a escoller relixión como materia para poder completar as horas dispoñibles. … Continúe lendo Pais a nais do IES de Ames piden que a inspección meta man na situación do centro educativo

Churrasco con patacas fritas: Menú de fin de curso

Este ano o churrasco con patacas frita e o xeado de xeo (polo de limón ou laranxa) gañou en todos os comedores Por segundo ano consecutivo, os rapaces e rapazas que son usuarios/as da Rede Municipal de Comedores Escolares elixiron o churrasco con patacas fritas e o xeado de xeo como menú de fin de curso. O departamento de Educación do Concello de Ames dálles a posibilidade a todos os nenos e nenas que comen na rede de comedores de que elixan o menú de fin de curso, unha comida que este ano se celebrará o 22 de xuño. Estes … Continúe lendo Churrasco con patacas fritas: Menú de fin de curso

Preocupación dos pais e nais do IES de Ames polo deterioro do centro educativo e dos servizos

As familias convocan unha asamblea aberta para o luns 12 ás 20:30 no Pazo da Peregrina Pais e nais do IES de Ames amosan a súa preocupación pola masificación do centro e o deterioro do mesmo despois da perda da calidade que están a sufrir. As familias convocan unha asamblea aberta para o luns 12 ás 20:30 no Pazo da Peregrina para tratar certos puntos básicos. O primeiro deles é os itinerarios que fan que relixión católica sexa casi obrigatoria en certas vías de formación. Entre outras queixas recollidas polas familias está a desaparición do sistema Aula Materia, a normativa … Continúe lendo Preocupación dos pais e nais do IES de Ames polo deterioro do centro educativo e dos servizos

Abre o prazo de renovación para o programa municipal de psicomotricidade educativa

Esta actividade, que está dirixida aos nenos e nenas de 3 a 6 anos A concellaría de Educación e Cultura acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos e fillas as nesta actividade para o vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio. Os nenos e nenas que sexan admitidos ou admitidas terán que formalizar a matrícula entre o … Continúe lendo Abre o prazo de renovación para o programa municipal de psicomotricidade educativa

Volven os contacontos

A programación de contacontos vaise a desenvolver ata finais do mes de maio A Concellería de Cultura e Educación, liderada por David Santomil, preparou para este mes de maio a programación de contacontos que se van a desenvolver nos locais sociais de Augapesada e Bugallido, así como nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns. Ao longo desta semana haberá catro sesións de contos. As sesións de contacontos están dirixidas especialmente aos nenos/as de entre 3 e 9 anos. Estas actividades desenvolveranse a partir das 18:00 horas. Os luns 8 e 22 de maio, ás 18:00 horas, os máis pequenos e pequenas teñen unha … Continúe lendo Volven os contacontos