A amesá Nuria Rábano gaña o Europeo de fútbol Sub 19

Na final impúxose a Francia por 2-3, proclamándose campioa da Eurocopa A selección española feminina sub 19 logrou gañar o campionato de Europa, que se estivo disputando dende o pasado 8 de agosto en Irlanda do Norte. Entre as xogadoras seleccionadas polo seleccionador nacional, Pedro López, atopábase a xogadora amesá do Real Club Deportivo da Coruña SAD, Nuria Rábano Blanco, que disputou a súa primeira fase final dun Europeo. Nuria Rábano disputou os dous primeiros partidos da fase de grupos ante a selección anfitrioa, Irlanda do Norte, e contra o combinado de Alemaña. A dianteira amesá tivo o infortunio de … Continúe lendo A amesá Nuria Rábano gaña o Europeo de fútbol Sub 19

Nuria Rábano xogará o Europeo de fútbol sub 19 con España

A selección española feminina sub 19, na fase final, estrearase na xornada inaugural, o día 8 de agosto, ás 20:00 horas, en Belfast, ante a selección anfitrioa, Irlanda do Norte O seleccionador nacional feminino sub-19, Pedro López, deu a lista definitiva das mozas que competirán en Irlanda do Norte polo campionato de Europa de fútbol entre o 8 e o 20 de agosto. Entre as seleccionadas atópase a xogadora amesá do Real Club Deportivo da Coruña SAD, Nuria Rábano Blanco, que disputará a súa primeira fase final dun Europeo. Nesta competición participan as oito mellores seleccións de Europa nesta categoría. … Continúe lendo Nuria Rábano xogará o Europeo de fútbol sub 19 con España

A amesá Nuria Rábano convocada pola Selección Sub-19 para os adestramentos

Nuria Rábano foi xogadora do Milladoiro SD e foi convocada anteriormente pola selección de fútbol en outras competicións A amesá, Nuria Rábano, foi convocada pola Federación Española de Fútbol para os adestramentos que terán lugar en Madrid dende o día 15 ata o 17 de maio. Esta convocatoria responde á preparación física das xogadoras para a clasificación que se celebrará en Hungría do 26 ao 31 de maio contra Hungría, Bélxica e Rusia, para poder asistir ao Europeo-17 en Irlanda do Norte entre o 8 e o 20 de agosto deste mesmo ano. Nuria Rábano foi xogadora do Milladoiro SD e foi … Continúe lendo A amesá Nuria Rábano convocada pola Selección Sub-19 para os adestramentos