Iago Pico: “Cando unha banda vén gravar somos un equipo, canto mellor lle vai, mellor che vai”

Na aldea de Pousada, na parroquia de Ames, está o estudio de gravación Pouland Studios, onde teñen gravado algúns dos nomes máis destacados da música galega de todos os estilos: dende o rock de Ruxe Ruxe ou Novedades Carminha á … Continúe lendo Iago Pico: “Cando unha banda vén gravar somos un equipo, canto mellor lle vai, mellor che vai”

Unha gran alfombra floral en Pousada

Para a elaboración do tapiz empregáronse desde flores e tulla, ata pousos de café, trigo e serraduras tinxidas Este domingo, 27 de agosto, o lugar de Pousada, na parroquia de Ames, honrou á Virxe de Lourdes coa realización dunha alfombra floral de sesenta metros de longo. O tapiz, elaborado por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada co apoio de veciñanza de varias lugares da contorna, foi visitado por numeroso público. O festexo deste domingo comezou ás 13:00 horas coa celebración dunha misa solemne oficiada polo párroco Manuel Blanco e acompañada polo Coro de Ames. A actuación dos … Continúe lendo Unha gran alfombra floral en Pousada

Pousada honrará á Virxe de Lourdes

Os festexos do domingo comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne e unha procesión na honra da Virxe de Lourdes, que partirá da ermida de San Xoanciño de Pousada O vindeiro domingo, 27 de agosto, o lugar de Pousada, na parroquia de Ames, celebrará a festividade da Virxe de Lourdes cunha alfombra floral de sesenta metros de longo, unha misa solemne e unha procesión. A festividade contará tamén coa actuación do Coro Parroquial de Ames e da Asociación Cultural Os Castros. O tapiz floral é elaborado anualmente polos membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, co apoio da … Continúe lendo Pousada honrará á Virxe de Lourdes