Tapia celebra as súas festas este fin de semana

Este sábado e domingo a parroquia amesá estará de festa na honra do San Roque e do Santísimo Sacramento Un ano máis, Tapia celebra as súas festas. Así, este sábado e domingo a parroquia amesá estará de festa na honra do San Roque e do Santísimo Sacramento. Haberá misa, procesións e unha actuación musical. Ás 13:00 horas do sábado, as festas comezarán cunha misa en honor a San Roque, seguida dunha procesión. No domingo, tamén haberá misa, a partir das 13:00h, en honor ao Santísimo Sacramento e unha procesión, que rematará coa actuación musical do grupo de gaitas Os Castros, … Continúe lendo Tapia celebra as súas festas este fin de semana

Tapia acolleu o primeiro certame de música popular de Ames

O certame foi organizado pola asociación cultural Lojo Batalla, en colaboración co Concello de Ames Inicialmente, o I Certame de Música Popular de Ames ía ter lugar na praia fluvial de Tapia, porén o mal tempo propiciou que, finalmente, se desenvolvese na igrexa parroquial. Neste primeiro certame participaron catro coros e unha coral: o Coro Lojo Batalla, o Coro de Ames e Piñeiro, o Coro Son Elas, o Coro Nosa Señora do Corpiño e a Coral de Amigos de Javier Otero. O I Certame de Música Popular de Ames tivo lugar o pasado sábado, 29 de xullo, na igrexa parroquial … Continúe lendo Tapia acolleu o primeiro certame de música popular de Ames

Investimento de 28.000 euros para mellorar a accesibilidade da praia fluvial de Tapia

O obxectivo do goberno municipal era mellorar as instalacións desta área recreativa que é tan frecuentada durante a época estival O alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e a concelleira de Turismo, Isabel González, visitaron as instalacións da praia fluvial de Tapia para ver de primeira man o resultado dos traballos feitos nesta lugar para mellorar a accesibilidade das instalacións desta área recreativa. Investíronse 28.028 euros dos cales 27.293,62 euros foron achegados a través dunha subvención da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade pertencente á Consellería de Política … Continúe lendo Investimento de 28.000 euros para mellorar a accesibilidade da praia fluvial de Tapia

Iníciate no piragüismo na praia fluvial de Tapia

O prazo para apuntarse xa está aberto e finalizará no momento no que se acaben as prazas dispoñibles O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre 2003 e 2009. Durante o mes de xuño e xullo esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que en agosto as clases impartiranse os mércores e venres no mesmo horario. O prazo para apuntarse xa está aberto e finalizará no … Continúe lendo Iníciate no piragüismo na praia fluvial de Tapia

Este sábado poderás iniciarte ao piragüismo en Tapia

Esta actividade ten a finalidade de que todos os amesáns e as amesás poidan aprender a dominar esta embarcación O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza este sábado, 18 de xuño, unha xornada de iniciación ao piragüismo que se desenvolverá na praia fluvial de Tapia entre as 11:00 e as 14:00 horas. Esta actividade ten a finalidade de que todos os amesáns e as amesás poidan aprender a dominar esta embarcación. A xornada será de portas abertas polo que poderán asistir todas aquelas persoas interesadas nesta actividade pero que sexan maiores de 8 anos. Aprender a … Continúe lendo Este sábado poderás iniciarte ao piragüismo en Tapia

Comeza a tempada das piscinas municipais e da praia fluvial de Tapia

O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas Dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a área recreativa de Tapia ofreceranlle á veciñanza amesá unha alternativa á costa galega. Este xoves comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e … Continúe lendo Comeza a tempada das piscinas municipais e da praia fluvial de Tapia