Tapia acolleu o primeiro certame de música popular de Ames

Inicialmente, o I Certame de Música Popular de Ames ía ter lugar na praia fluvial de Tapia, porén o mal tempo propiciou que, finalmente, se desenvolvese na igrexa parroquial.

526

O certame foi organizado pola asociación cultural Lojo Batalla, en colaboración co Concello de Ames

Inicialmente, o I Certame de Música Popular de Ames ía ter lugar na praia fluvial de Tapia, porén o mal tempo propiciou que, finalmente, se desenvolvese na igrexa parroquial. Neste primeiro certame participaron catro coros e unha coral: o Coro Lojo Batalla, o Coro de Ames e Piñeiro, o Coro Son Elas, o Coro Nosa Señora do Corpiño e a Coral de Amigos de Javier Otero.

O I Certame de Música Popular de Ames tivo lugar o pasado sábado, 29 de xullo, na igrexa parroquial de Tapia. Organizado pola asociación cultural Lojo Batalla, en colaboración co Concello de Ames, contou coa participación do Coro de Ames e Piñeiro, do Coro Son Elas, do Coro Nosa Señora do Corpiño, da Coral de Amigos de Javier Otero e do Coro Lojo Batalla.

O nome da asociación organizadora, Lojo Batalla, fai referencia a Óscar Lojo-Batalla Sampedro, alcalde de Ames durante o período republicano. Nado en 1873 na aldea amesá de Vilouta, na parroquia de Tapia, emigrou sendo moi novo a Arxentina. De volta da emigración, foi nomeado alcalde de Ames a principios dos anos trinta e elixido como tal en 1931 coa instauración da República. Como alcalde foi o fundador de varias escolas, costeando do seu propio peto a construción da escola de Tapia. De igual maneira, tamén foi o responsable da creación dunha feira de gando e produtos do campo en Barouta. Cesado en agosto de 1936, morreu na aldea de Vilouta en 1963.