Tapia celebra as súas festas este fin de semana

425

Este sábado e domingo a parroquia amesá estará de festa na honra do San Roque e do Santísimo Sacramento

Un ano máis, Tapia celebra as súas festas. Así, este sábado e domingo a parroquia amesá estará de festa na honra do San Roque e do Santísimo Sacramento. Haberá misa, procesións e unha actuación musical.

Ás 13:00 horas do sábado, as festas comezarán cunha misa en honor a San Roque, seguida dunha procesión. No domingo, tamén haberá misa, a partir das 13:00h, en honor ao Santísimo Sacramento e unha procesión, que rematará coa actuación musical do grupo de gaitas Os Castros, que achega o Concello de Ames para a celebración destas festas.